Destinado a la publicación de las obras del artista plástico Eliso Ignacio Silva Contacto: silvaskig@gmail.com
lunes, 27 de septiembre de 2010
Convocatoria de Arte Correo
A Universidade de Vigo, por medio da Unidade de Cultura Científica e o Grupo
de Investigación de Medicina Preventiva e Saúde Pública MP1, coa
financiación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT),
e en colaboración coa Asociación Galega de Educación para a Saúde, co
colectivo Medicina e Arte, con Boek 861 e con Psicotrex, convocan un certame
de Arte Postal coa saúde e a arte como fío condutor:
SaudArte 2010
no que se busca que os participantes amosen a visión que teñen sobre a saúde
dun xeito creativo, co único condicionante de que as obras podan ser
enviadas utilizando os medios postais e electrónicos habituais. Trátase
dunha actividade creativa e positiva, que combina arte, ciencia e sociedade,
e busca establecer un espazo aberto no que as persoas xoguen un papel
fundamental.
As bases da convocatoria e un cuestionario sobre hábitos saudables están
dispoñibles na web de Saudarte 2010:
http://webs.uvigo.es/saudarte
Podedes remitir as vosas obras antes do 31 de outubro a:
Convocatoria de Arte Postal 'SaudArte'
A/A de Lourdes Maceiras
Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública
E.U. Fisioterapia
Campus Universitario
36005 Pontevedra
Ou por correo electrónico a: saudarte@uvigo.es
Animámosvos a participar nesta iniciativa de promoción da saúde a través da
arte.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario